21.6.23

Teño o corazón senlleiro (para Rafa)


Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Está mudo o reiseñor
que outrora cantar solía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

Celso Emilio Ferreiro

14.6.23

O sanxoán

Alfábegas vento en popa!

As sementes de alfábega (lembremos: "albahaca" en castelán) que sementamos a finais do mes de abril van vento en popa! Xa temos as nosas pequenas plantiñas en cascas de ovo que poderemos transplantar en canto cheguen ás nosas casas nos próximos días. Só debemos lembrarnos de romper un pouco a casca antes de facelo.


E que podemos facer coa nosa alfábega cando medre? Pois temos varias saborosas receitas de pratos que inclúen alfábega tanto salgados coma doces que aquí quedan para quen as queira:




12.6.23

Aniversarios: Zaira

O pasado sábado 10 de xuño foi o aniversario de Zaira, mais hoxe quixo celebralo con todos os seus compañeiros e compañeiras (e, por sorte, coa súa profe tamén)!


Unha celebración con todos os detalles: unha enorme tarta decorada con améndoas, chocolate e chuches; pratos e panos de papel de festa; e a súa candea co número 7!


MOITOS PARABÉNS, ZAIRA!

7.6.23

Como se di "mellizos" en galego?


Así que Hugo e Noa son xemelgos bivitelinos e Mariña e Olalla (a súa irmá) son xemelgas idénticas ou xemelgas univitelinas.

6.6.23

Aniversarios: Hugo e Noa

E chegou o día de Hugo e Noa que, como todos xa sabemos, naceron o mesmo día (concretamente, un 6 de xuño).


A tarta que trouxeron estaba para chupar os dedos, orixinalmente decorada con cacahuetes e ademais era sen glute! Só quedaron unhas migallas para os paxariños...



MOITOS PARABÉNS, HUGO E NOA!

5.6.23

Bágoas de serea

Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, lembramos na clase que, se nos fixamos un pouquiño cando imos á praia, atoparemos na area un montón de "bágoas de serea"


Trátase de pequenos plásticos en forma de perla que, debido ao seu pequeno tamaño e ás súas cores brillantes, moitos animais mariños confúndenos con alimentos: isto provoca serios problemas para eles.

As chamadas bágoas de serea, ou "nurdles" en inglés, son empregadas pola industria para facer de todo, desde botellas ata televisores. É a materia prima de todo o que está feito de plástico, o “ladrillo” do que está feito este material. Xa sexa por unha mala xestión do transporte ou por descuidos de produción, algunhas destas bólas pérdense e tristemente acaban en ríos e océanos.