27.3.23

Aniversarios: Teresa

 Hoxe estivo de aniversario Teresa!


E convidou a toda a clase a unha riquísima tarta que ademais era ben chula!

MOITOS PARABÉNS, TERESA!

20.3.23

Modelando insectos pau

Modelamos os nosos insectos pau con plastilina sen esquecer as partes do seu corpo: cabeza, dúas antenas, tórax, abdome e seis patas.





18.3.23

Investigación sobre o insecto pau

O proceso de investigación acerca do noso insecto pau deu comezo para dar resposta ás cuestións que xurdiron despois de preguntarnos "QUE QUEREMOS SABER?". Para iso buscamos información en distintas fontes (fondos da biblioteca e páxinas de internet) e parte dela recollémola nunha ficha.

8.3.23

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, puidemos contar entre outras visitas coa de María, avoa de Telmo e Ánxela. Con ela puidemos gozar de distintas cantigas típicas da zona de Cerceda e achegarnos un pouquiño máis á cultura e tradicións do concello. Mil grazas por vir e compartir connosco este día tan especial!

5.3.23

Unha mascota para a aula!

Estamos desexando que chegue o día de mañá, pois recibiremos na aula de 1º a unha mascota que convivirá connosco a partir de agora! Trátase dun insecto pau sobre o que o pasado venres comezou unha reflexión conxunta e da que xorden varios interrogantes. Por este motivo, recollimos as ideas previas que tiña o alumnado de 1º acerca destes animaliños ("QUE SABEMOS?") para despois tomar nota doutras cuestións que darán comezo a un proceso de investigación ("QUE QUEREMOS SABER?").