24.10.22

Cancións



Se vos fixades na banda do lateral dereito do noso blog, atoparedes varias ligazóns de interese ademais de cancións en galego e castelán. Estas cancións poden servir de axuda para aprender algúns dos contidos que estamos a traballar. Loxicamente, hainas máis sinxeliñas e máis complicadas, de xeito que se adaptan aos distintos ritmos de aprendizaxe do alumnado. Agardamos que sexan de utilidade!

17.10.22

Caderno viaxeiro

Xa estamos lendo e vendo moitas cousiñas interesantes no caderno viaxeiro cada vez que volve a mochila viaxeira. Para que todos poidades coñecer o que se está a contar nel, no blog da Biblioteca tedes colgadas as imaxes. Animádevos a visitalo!

3.10.22

Mochila viaxeira

Un ano máis, saen desde a biblioteca do cole as mochilas viaxeiras! Daniela e Andrea (6º) fixeron o acto de entrega ao primeiro afortunado en levala para a casa, Aimar. A gozala!