28.11.22

Iniciámonos na papiroflexia

A raíz da visita dun paxariño que un día apareceu na nosa aula coa profe Teresa, animámonos a iniciarnos na papiroflexia tratando de facer o noso propio. A papiroflexia non é doada, pero os resultados son ben chulos!




25.11.22

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, na clase de 1º estampamos as nosas mans coa cor que representa este día e reflexionamos acerca de accións positivas que, lonxe de agredir, poderían facerse coas mans. Así, saíron palabras como ACOMPAÑAR, ACARIÑAR, AXUDAR e AMAR. Todas estas palabras servíronnos para elaborar un caligrama en forma de árbore que quedou así de fermoso.