25.1.24

Aniversarios: Jaime

E hoxe tivemos a terceira festa de aniversario do ano! Foi a quenda de Jaime, que trouxo ao cole unha fermosa tarta co número 8 cargadiña de amorodos, unha tarta sen glute e larpeiradas a esgalla! Unha celebración por todo o alto! MOITOS PARABÉNS, JAIME!!

18.1.24

Aniversarios: Joel

O segundo día de festa no que vai do segundo trimestre, porque hoxe foi o aniversario de Joel!


Para adozar o seu día, quixo compartir cos compañeiros e compañeiras un biscoito sen glute do que non quedaron nin as migallas: rico, rico! MOITOS PARABÉNS, JOEL!!

8.1.24

Caderno viaxeiro de Jaime

Aniversarios: Paulo

Damos comezo á tempada de aniversarios deste curso! O primeiro en celebrar é Paulo, que hoxe cumpre 8 anos e trouxo ao colexio unhas deliciosas magdalenas de queixo e chocolate!!! MOITOS PARABÉNS, PAULO!

Aniversarios: Telmo

Hoxe tocoulle celebrar a Telmo, convidando a todos os compañeiros e compañeiras a esta tarta tan colorida e tan saborosa! MOITOS PARABÉNS, T...