19.5.23

Cantigas populares galegas

Este mes de maio é o mes das flores
cando os paxariños deixan ver os seus amores.
Velo aí vén o maio por detrás de San Francisco.
Velo aí vén o maio cargadiño de trevisco.

Aquí vén o maio das frores dono e señor,
cargadiño de esperanzas abrindo as portas do amor.

Levántate maio que tanto dormiche,
pasou o inverno e ti non veniche.
Levántate maio que tanto durmiche
que pasou abril e ti non o viche.

18.5.23

Primeiro amorodo das nosas plantas

O primeiro amorodo das plantas do noso invernadoiro madurou e a afortunada en gañalo no sorteo foi Teresa! Bo proveito!

15.5.23

Non son todos reiseñores os que cantan entre as flores...


Non son todos reiseñores
os que cantan entre as flores,
senón campaíñas de prata
que tocan coa alba,
senón trompetiñas de ouro
que fan a salva
aos soles que adoro.

(Tradución de No son todos ruiseñores, de Luís de Góngora)

6.5.23

O mes das flores

Estes días pasados o alumnado de 3 e 4 anos de infantil compartiu connosco estas flores tan coloridas das que puidemos aprender moitas cousas...


4.5.23

O maio

 Aí vén o maio

de frores cuberto...

Puxéronse á porta

cantándome os nenos;

i os puchos furados

pra min estendendo,

pedíronme crocas

dos meus castiñeiros.

(Manuel Curros Enríquez)


Carolina trouxo ao cole estas fermosas flores do seu xardín que nos amosou e coas que nos agasallou. MOITAS GRAZAS, CAROLINA!

3.5.23

Aniversarios: Aimar

 E quen está de aniversario en maio? Aimar!


Veu hoxe celebralo cunha tarta decorada con globos e flores, moi acorde co mes no que nos atopamos!


MOITOS PARABÉNS, AIMAR!