27.1.23

Pasión polas bandeiras

Parece que na aula de 1º desatouse a pasión polas bandeiras. Ata tal punto, que Telmo, Hugo e Joel quixeron compartir con todos nós os libros de bandeiras que eles mesmos están a elaborar e que non paran de medrar! Moi interesantes e unha chulada!




25.1.23

Aniversarios: Jaime

 E imos polo terceiro aniversario do ano. Hoxe o afortunado en celebrar foi... Jaime!


Aínda que, máis ben, os afortunados fomos os compañeiros e compañeiras da clase, que puidemos saborear unha preciosa tarta co número 7 decorada con nata e amorodos... Mmmm!


MOITOS PARABÉNS, JAIME!

18.1.23

Aniversarios: Joel

Hoxe foi a quenda de Joel. E xa son 7 aniños!


Para celebrar o seu aniversario, convidou a un biscoito no que aparecía a súa cara!
Non quedou nin o nariz...

MOITOS PARABÉNS, JOEL!

9.1.23

Aniversarios: Paulo

Paulo estivo de aniversario onte, 8 de xaneiro. Foi o primeiro aniversario do ano na clase de 1º!
Para celebralo, trouxo unhas deliciosas madalenas. Sorte tivemos que viñeron acompañadas coa receita!
MOITOS PARABÉNS, PAULO!

Agasallos de Nadal

Que sorte tivemos que houbo agasallos de Nadal para a clase de 1º! Tres contos novos para a nosa biblioteca de aula e material para facer obriñas de arte con plastilina. Xenial!

Aniversarios: Telmo

Hoxe tocoulle celebrar a Telmo, convidando a todos os compañeiros e compañeiras a esta tarta tan colorida e tan saborosa! MOITOS PARABÉNS, T...