30.9.22

Os agasallos do Ratiño Pérez

 O Ratiño Pérez pasou pola casa de Teresa e deixoulle un conto moi chulo que quixo compartir con toda a clase: "Un tractor muy, muy ruidoso".

26.9.22

Outono na Silva

 


Chegou o outono e Telmo, Paulo e Zaira quixeron traer algunhas mostras de follas e froitos para que todos puidésemos identificalos na aula e poñerlles nome...

19.9.22

Os ferreiriños da Silva

 Na clase vimos que hai moitos tipos de ferreiriños e o ferreiriño azul é un dos que ten as cores máis vivas, así que foi o elixido para a nosa primeira manualidade do curso...

12.9.22

Ferreiro

Investigando de onde ven o nome do noso colexio, Celso Emilio Ferreiro, averiguamos que este home foi un importante escritor galego. Despois, buscamos o significado de ferreiro no dicionario e descubrimos que ten varios significados: ademais de referirse a unha persoa que traballa co ferro, é un nome de paxaro.

Así que consultamos como era o ferreiro ou ferreiriño nun libro moi interesante que temos na aula, A guía definitiva das aves da Galiza

8.9.22

Xogo da telaraña no primeiro día de cole

 


A clase de 1º no seu primeiro día de colexio: co xogo da telaraña soubemos algo especial que fixera cada un de nós durante as vacacións!