30.11.23

Cadernos viaxeiros

Como cada ano, nas mochilas viaxeiras, a variedade de fantásticos fondos da biblioteca vai acompañada dun caderno viaxeiro no que os lectores e lectoras van recollendo debuxos, opinións, comentarios... das súas lecturas. No blog da Bibliosilva aparecen vídeos de todos os cadernos viaxeiros do cole e, ademais, na columna da dereita deste blog, tamén estamos a recoller estes vídeos do alumnado de 2º.

14.11.23

Animación á lectura: hora de ler cos axudantes da biblioteca

Hoxe, durante a hora de ler, tivemos a sorte de gozar cos axudantes da biblioteca dunha sesión de contacontos: Fiz, o coleccionista de medos. Unha marabillosa iniciativa coa que se fomenta a animación á lectura e coa que as nenas e nenos de 2º quedaron encantados. Agardamos que volvan pola nosa aula! Moitas grazas Gabriela, Gonzalo, Noa e Xavi!

No blog da biblioteca atoparedes un vídeo desta actividade.


9.11.23

Busca de información para a creación dunha "teixoaniña"

Desde a biblioteca do colexio propónsenos debuxar unha "teixoaniña", animal fantástico, para o que temos que idear, por outra banda, unhas características tamén fantásticas e orixinais. Para iso, decidimos facer en primeiro lugar un traballo de busca de información das características dos dous animais dos que pensamos que parte o seu nome: o teixo e a xoaniña. Por se nos puidesen servir de axuda...

1.11.23

Premios do Concurso de debuxos e banda deseñada de Samaín

Telmo e Noa: gañadores do 3º premio de bandas deseñadas no Concurso de debuxos e banda deseñada de Samaín. Moitos parabéns a eles polo premio e a todos e todas polo esforzo á hora de elaborar os vosos traballos!