19.5.23

Cantigas populares galegas

Este mes de maio é o mes das flores
cando os paxariños deixan ver os seus amores.
Velo aí vén o maio por detrás de San Francisco.
Velo aí vén o maio cargadiño de trevisco.

Aquí vén o maio das frores dono e señor,
cargadiño de esperanzas abrindo as portas do amor.

Levántate maio que tanto dormiche,
pasou o inverno e ti non veniche.
Levántate maio que tanto durmiche
que pasou abril e ti non o viche.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aniversarios: Aimar

E recén entrados no mes de maio, temos unha nova celebración: o aniversario de Aimar!  Celebrouno con todos os seus compañeiros e compañeira...