21.6.23

Teño o corazón senlleiro (para Rafa)


Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Está mudo o reiseñor
que outrora cantar solía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

Celso Emilio Ferreiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aniversarios: Aimar

E recén entrados no mes de maio, temos unha nova celebración: o aniversario de Aimar!  Celebrouno con todos os seus compañeiros e compañeira...