Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, lembramos na clase que, se nos fixamos un pouquiño cando imos á praia, atoparemos na area un montón de "bágoas de serea".
Trátase de pequenos plásticos en forma de perla que, debido ao seu pequeno tamaño e ás súas cores brillantes, moitos animais mariños confúndenos con alimentos: isto provoca serios problemas para eles.
As chamadas bágoas de serea, ou "nurdles" en inglés, son empregadas pola industria para facer de todo, desde botellas ata televisores. É a materia prima de todo o que está feito de plástico, o “ladrillo” do que está feito este material. Xa sexa por unha mala xestión do transporte ou por descuidos de produción, algunhas destas bólas pérdense e tristemente acaban en ríos e océanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario