31.8.26

Nariz de ouro finalista no FICBUEU

Pois seguimos acadando éxitos grazas a todo o noso traballiño durante o curso pasado na curtametraxe Nariz de ouro. Dende o FICBUEU comunícannos que logo dun durísimo proceso de selección a nosa curta formará parte da Sección Centros de Ensino do Festival Internacional de Cinema de Bueu 2026. 

Tedes acceso aos traballos finalistas ciclando aquí. 

As curtametraxes seleccionadas serán proxectadas na Gala Escolas Galegas o sábado 19 de setembro ás 11h onde darán a coñecer os gañadores de cada categoría.

PARABÉNS UNHA VEZ MÁIS!!

30.5.26

Nariz de ouro

Resolución da XIV edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!

O CEIPP Celso Emilio Ferreiro, coa súa curtametraxe Nariz de ouro, resultou premiado na categoría 2 (1º e 2º de primaria), na que participou o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria. Agardamos que vos guste o noso traballo!

12.3.26

Coidamos o mar sen plásticos

As casualidades existen, pois xustamente na semana da prensa o alumnado de 1º, 2º e 3º somos progatonistas en La Voz de Galicia. No día de onte, participamos no obradoiro infantil "Coidamos o mar sen plásticos" organizado pola Deputación da Coruña e impartido pola educadora Verónica Mosquera.

26.2.26

Pensamento lóxico-computacional e programación básica

Un día máis, adentrámonos na vida e obra de Rosalía de Castro, esta vez cunha actividade que ao mesmo tempo nos brindou a posibilidadede traballar a lóxica e a orientación espacial. Para iso, contamos coa axuda do robot EaRL2, ao que nós renomeamos "Chichariño". 

Nariz de ouro finalista no FICBUEU

Pois seguimos acadando éxitos grazas a todo o noso traballiño durante o curso pasado na curtametraxe Nariz de ouro . Dende o FICBUEU comuníc...