11.6.24

Aniversarios: Hugo e Noa


Dobre celebración, dobre tarta! Hugo e Noa convidaron hoxe aos seus compañeiros e compañeiras a estas saborosas e chulísimas tartas feitas na casa!

MOITOS PARABÉNS, HUGO E NOA!

10.6.24

Aniversarios: Zaira

 

Hoxe foi a quenda de Zaira! Quixo celebrar o seu aniversario cunha tarta tamaño XXL que compartiu cos seus compañeiros e compañeiras. Por primeira vez na historia desta aula, non fomos quen de acabala (e non foi porque non estivera para chupar os dedos!).

MOITOS PARABÉNS, ZAIRA!

5.6.24

Cría de mantis


Hoxe, as nenas e nenos de 2º atoparon no patio do colexio unha cría de mantis. Mantis é un xénero de insectos mantodeos da familia Mantidae que inclúe a barbantesa (Mantis religiosa), un dos mantodeos máis coñecidos e frecuentes de Europa.