E hoxe tivemos a terceira festa de aniversario do ano! Foi a quenda de Jaime, que trouxo ao cole unha fermosa tarta co número 8 cargadiña de amorodos, unha tarta sen glute e larpeiradas a esgalla! Unha celebración por todo o alto! MOITOS PARABÉNS, JAIME!!
Blog do alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro (A Silva - Cerceda)
25.1.24
22.1.24
18.1.24
Aniversarios: Joel
O segundo día de festa no que vai do segundo trimestre, porque hoxe foi o aniversario de Joel!
Para adozar o seu día, quixo compartir cos compañeiros e compañeiras un biscoito sen glute do que non quedaron nin as migallas: rico, rico! MOITOS PARABÉNS, JOEL!!
16.1.24
9.1.24
8.1.24
Aniversarios: Paulo
Damos comezo á tempada de aniversarios deste curso! O primeiro en celebrar é Paulo, que hoxe cumpre 8 anos e trouxo ao colexio unhas deliciosas magdalenas de queixo e chocolate!!! MOITOS PARABÉNS, PAULO!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
Hoxe, 14 de febreiro, escribimos cartas de amor e amizade aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º do outro cole de Cerceda: o CPI O Cruce ...



.jpeg)
.jpg)
